Nota prensa: O TEITO DE GASTO, UN GOLPE DE ESTADO FINANCEIRO QUE ATENTA CONTRA A DEMOCRACIA

25 Ago

Democracia Real Xa rexeita a proposta de modificación constitucional pactada poos dos partidos maioritarios, sen contar coa ciudadania, feito que constitúe un atentado democratico á esencia da democracia, polo que reclamamos un referendum vinculante.

Constitucionalizar o teito de gasto implicaría unha completa sumisión da acción de goberno a directrices económicas neoliberais e só contribuirá a afondar na crise económica e nas dramáticas consecuencias de exclusión social, prexudicando o conxunto da cidadanía para satisfacer as demandas dos mercados. Estamos, por tanto, ante unha dupla perda de soberanía: do Estado fronte a poderes externos non elexidos democraticamente; e da cidadanía fronte aos partidos actualmente maioritarios.

A limitación do gasto público, nun contexto de crise económica como o actual –e como outros que poderán vir a ocorrer no futuro–, incidirá moi negativamente sobre o mantemento dos servizos públicos esenciais., levando a unha aceleración dos procesos de privatización da educación e da sanidade que xa se encontran en curso en diversas Comunidades Autónomas.

O máis indignante é que, se o teito de gasto público estivera en vigor no comezo da crise, o Goberno español non podería ter inxectado miles de millóns de euros de liquidez nos bancos. Os mesmos bancos que agora, unha vez que se beneficiaron do diñeiro de todos, pretenden impoñer restricións ao gasto necesario para manter o benestar social.

O gasto social en España está máis dun 10% por debaixo da media da Unión Europea. O Estado, para dar solución ás contas públicas, debe comprometerse cunha fiscalidade xusta e o combate á evasión de impostos, superando a situación actual na que o 90% dos ingresos do Estado proveñen das rendas do traballo.

Rexeitaremos sempre que os nosos dereitos sociais sexan subastados ao mellor postor. Consagrar esta medida na Constitución supón un atentado contra a cidadanía e contra as xeracións vindeiras, que estarán condenadas a vivir en condicións máis precarias que as actuais. Por que non modificar a Constitución para establecer un gasto mínimo en sanidade e educación? Sen dúbida, porque para os dous grandes partidos eses dereitos son secundarios.

Para defender o noso dereito a unha Democracia real e a un futuro mellor para todos, non dubidaremos en emprender as medidas de presión oportunas para que esas decisións as tomemos entre todos. A falta de democracia puido observarse coa aprobación do Pacto do Euro, contra o cal xa nos manifestamos, acordo que ningún partido europeo levaba no seu programa e sobre o cal non se realizou consulta popular algunha.

Desde DRX/DRY reiteramos: non somos mercadoría nas mans de políticos e banqueiros e por ese motivo seguimos opoñéndonos a este tipo de medidas que se deciden en contra dos intereses da cidadanía e sen consultala.

Evento Facebook

Domingo 28 – 20:00h

Praza de Ourense S/N – Delegación do Goberno

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: